Información sobre os artigos e comentarios publicados

O autor dos artigos e/ou comentarios son os únicos responsables do contido publicado, os responsables do blog só facilitan os medios para poder facer públicos tanto os artigos coma os comentarios publicados.

Se te sentes prexudicado/a polo contido dun artigo e/ou comentario pódesche poñer en contacto connosco para estudar retirar o devandito artigo ou comentario.

Se estas interesado/a en publicar un artigo podes facelo enviándoo á seguinte dirección tragsatecgaliciassccoo@gmail.com indicando como asunto: Artigo opinión. No contido da mensaxe o teu nome e apelidos, correo de contacto e o artigo a publicar non debe exceder de 500 palabras en caso de exceder deberá ir un resumo do mesmo que non pode exceder das 150 palabras e nun documento adxunto o resto do artigo a publicar.

jueves, 31 de julio de 2014

O pesadelo da DPO e a paradoxa do aumento da masa salarial. Por Ramón Mosquera


-          Alguén non sabe o que é a D.P.O.?

-          Ostras Pedrín; un levantou a man!

-          Pois mira, é unha paga que se fai en TRAGSATEC dúas veces ao ano pola consecución duns obxectivos determinados nos proxectos dos que eres responsable e a partires de determinado.posto. Canto máis escalas na Estructura da Empresa, que é, permíteme o simil ciclista, un porto fora de categoría, máis frutos recolles, tendo, os que están na cúspide de tan elevada montaña verdadeiros problemas para carrexar tan preciado manxar “Poderoso caballero es don dinero” (Francisco de Quevedo).



Bueno, pois agora que xa sabemos todos o que é a Dirección Por Obxectivos queriavos expoñer unha serie de contradicións que se dan nesta a nosa querida Empresa



Érase que se era unha Ley de Presupuestos Generales del Estado 2014 (un tocho de 250 páxinas) á que para ben ou, case sempre, para mal TRAGSATEC, como empresa pertencente ao Sector Público, está obrigada. Esta Lei, entre outras cousas, recolle os gastos do persoal ao servizo do Sector Público (Título III. Capítulo 1) e as limitacións que elo conleva.



Respecto ao reparto da D.P.O. a primeira pregunta que debemos plantexarnos é se, segundo a Lei anterior, a poden repartir. Pois mira, vai a ser que si,  ainda que se aumente a masa salarial, un pecado dos gordos que che impide entrar no Reino de los Justos, agás se estás bendecido pola máis alta instancia (perdón, Alta Instancia) e tes bula (e tamén gula) que para eso está tan preto de deus (perdón, Deus).



Que porque? Porque así o establece a L.P.G.E. 2014 no seus artigos 20 e 25. Concretamente o 25.Dos, di o seguinte:

“Con efectos de 1 de enero de 2014 la masa salarial del personal laboral del sector público estatal, de acuerdo con lo establecido en el artículo 20.Dos de la presente Ley, no podrá experimentar ningún crecimiento, sin perjuicio de lo que pudiera derivarse de la consecución de los objetivos asignados a cada Departamento ministerial, Organismo público, resto de entes públicos, sociedades mercantiles estatales, fundaciones del sector público estatal y consorcios participados mayoritariamente por las Administraciones y Organismos que integran el sector público estatal, mediante el incremento de la productividad o modificación de los sistemas de organización del trabajo o clasificación profesional, previo el informe señalado en el apartado anterior.” Fin de la cita.



Como vedes esclúe as pagas por productivide do incremento da masa salarial pero mira ti por onde tamén exclúe a modificación da clasificación profesional e sempre, para TO-DOS os casos co informe previo que señala o apartado 25.Uno do Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas.



Pois ben. As reclasificacións profesionais levan paradas dende o 2012 debido a que a Dirección (perdón, dirección en minúsculas porque son, bueno non sei o que son) da Empresa se acolle á citada Lei e nos di, “hay, los sentimos mucho pero la masa salarial non nos permite …” bla, bla, bla, lixo, lixo e máis lixo. É paradóxico, porque na maioría dos casos as reclasificacións so supoñen un recoñecemento de categoría porque ao final, o traballador, en pasta, o que se di en pasta, non ve incrementada a súa conta corrente xa que o que lle dan por un lado ao subir na táboa salarial quítanllo por outro, adeus ao complemento personal absorbible.



E onde está o informe do Ministerio que lles permite facer todas estas barrabasadas?

Ah!, pois terano escondido na cova de Alí Babá que para eso son os donos do balón e so xogan eles, ou eso é o que se creen porque hai que recordarlles que esto é unha Empresa Pública e a transparencia non so é unha cualidade dun obxecto ou unha proyección sobre unha pantaia tamén é unha cualidade que se lle aplica ás persoas e a súas accións.


Sacade as vosas propias conclusións, eu, a miña, xa a teño.


Ramón Mosquera Castro

No hay comentarios :

Publicar un comentario