-
Alguén non sabe o que é a D.P.O.?
-
Ostras Pedrín; un levantou a man!
-
Pois mira, é unha paga que se fai en
TRAGSATEC dúas veces ao ano pola consecución duns obxectivos determinados nos
proxectos dos que eres responsable e a partires de determinado.posto. Canto
máis escalas na Estructura da Empresa, que é, permíteme o simil ciclista, un
porto fora de categoría, máis frutos recolles, tendo, os que están na cúspide
de tan elevada montaña verdadeiros problemas para carrexar tan preciado manxar “Poderoso
caballero es don dinero” (Francisco de Quevedo).
Bueno, pois agora que xa sabemos
todos o que é a Dirección Por Obxectivos queriavos expoñer unha serie de contradicións
que se dan nesta a nosa querida Empresa
Érase que se era unha Ley de
Presupuestos Generales del Estado 2014 (un tocho de 250 páxinas) á que para ben
ou, case sempre, para mal TRAGSATEC, como empresa pertencente ao Sector Público,
está obrigada. Esta Lei, entre outras cousas, recolle os gastos do persoal ao
servizo do Sector Público (Título III. Capítulo 1) e as limitacións que elo
conleva.
Respecto ao reparto da D.P.O. a
primeira pregunta que debemos plantexarnos é se, segundo a Lei anterior, a
poden repartir. Pois mira, vai a ser que si, ainda que se aumente a masa salarial, un
pecado dos gordos que che impide entrar no Reino de los Justos, agás se estás
bendecido pola máis alta instancia (perdón, Alta Instancia) e tes bula (e tamén
gula) que para eso está tan preto de deus (perdón, Deus).
Que porque? Porque así o
establece a L.P.G.E. 2014 no seus artigos 20 e 25. Concretamente o 25.Dos,
di o seguinte:
“Con efectos de 1 de enero de
2014 la masa salarial del personal laboral del sector público estatal, de
acuerdo con lo establecido en el artículo 20.Dos de la presente Ley, no
podrá experimentar ningún crecimiento, sin perjuicio de lo que pudiera
derivarse de la consecución de los objetivos asignados a cada Departamento
ministerial, Organismo público, resto de entes públicos, sociedades
mercantiles estatales, fundaciones del sector público estatal y consorcios
participados mayoritariamente por las Administraciones y Organismos que
integran el sector público estatal, mediante el incremento de la
productividad o modificación de los sistemas de organización del
trabajo o clasificación profesional, previo el informe señalado en el
apartado anterior.” Fin de la cita.
Como vedes esclúe as pagas por
productivide do incremento da masa salarial pero mira ti por onde tamén exclúe
a modificación da clasificación profesional e sempre, para TO-DOS os casos co
informe previo que señala o apartado 25.Uno do Ministerio de Hacienda y
Administraciones Públicas.
Pois ben. As reclasificacións
profesionais levan paradas dende o 2012 debido a que a Dirección (perdón,
dirección en minúsculas porque son, bueno non sei o que son) da Empresa se
acolle á citada Lei e nos di, “hay, los sentimos mucho pero la masa salarial
non nos permite …” bla, bla, bla, lixo, lixo e máis lixo. É paradóxico, porque
na maioría dos casos as reclasificacións so supoñen un recoñecemento de categoría
porque ao final, o traballador, en pasta, o que se di en pasta, non ve
incrementada a súa conta corrente xa que o que lle dan por un lado ao subir na
táboa salarial quítanllo por outro, adeus ao complemento personal absorbible.
E onde está o informe do
Ministerio que lles permite facer todas estas barrabasadas?
Ah!, pois terano escondido na
cova de Alí Babá que para eso son os donos do balón e so xogan eles, ou eso é o
que se creen porque hai que recordarlles que esto é unha Empresa Pública e a
transparencia non so é unha cualidade dun obxecto ou unha proyección sobre unha
pantaia tamén é unha cualidade que se lle aplica ás persoas e a súas accións.
Sacade as vosas propias conclusións, eu, a miña, xa a teño.
Ramón Mosquera Castro